AFICIONADOS SD BAMIO – MORAÑA CF DOMINGO 1 17:00 CAMPO DE SAN XINES - BAMIO
JUVENILES MORAÑA C.F. - C.D. PTE.ARNELAS "B" SABADO 31 16:30 CAMPO DE SANTA LUCIA - MORAÑA
INFANTILES MORAÑA C.F. - E.D. POIO "B" DOMINGO 1 10,30 CAMPO DE SANTA LUCIA - MORAÑA
ALEVINES DOMAIO FC – MORAÑA FC SABADO 31 12:00 CAMPO A GRANXA - DOMAIO
BENJAMIN FC CRUCEIRO – MORAÑA FC DOMINGO 1 10:00 CAMPO JAVIER GUIMERANS - HIO
jueves, 29 de octubre de 2009
miércoles, 28 de octubre de 2009
HISTORIA DEL MORAÑA CF
BUENOS DIAS
AHY VA UN POQUITO SOBRE LA HISTORIA DE ESTE CLUB QUE ACTUALMENTE MILITA EN EL GRUPO 10 DE LA SEGUNDA REGIONAL
MORAÑA C.F (1969-2009)
Moitos anos pasaron dende aquel 4 de Xullo de 1969, no que se fundaba o Moraña Clube de Fútbol. Disputou dende aquel intre os seus partidos no campo de Mirallos, que daquela era un humilde campo de terra, e que hoxe en día, é dos poucos campos de herba natural da comarca, que se conserva nun estado envidiable.
A existencia do Moraña C.F. remóntase a anos atrás do 1969, si ben é certo, que ata esa data non se federou. Naqueles tempos, os cativos de Moraña xogaban no campo de terra de Mirallos, que pertencía ós veciños da Bouza e que todavía non era propiedade do Concello.
Existe documentación gráfica que acredita que xa nos finais dos anos 50 se xogaba ó fútbol no campo de Mirallos. É máis, hai fotos do ano 1966, nas que se xogaban partidos de fútbol cos “veteranos”.
No ano 1969 e despois de levar xogando varios anos sen federarse, un grupo de rapaces, entre os que se atopaban Celso Diz, Santiago Búa, Rey, Verísimo Sayáns, Celso Couso,etc, e da man de Marcelino Ares como presidente, tómase a decisión de federar ó equipo e dende o 4 de Xullo de 1969, ata día de hoxe o Moraña C.F. segue a súa andadura pola historia do fútbol comarcal e autonómico galego.
INDUMENTARIA
Os cambios producidos no Clube a través do tempo abarcaron tódolos aspectos, incluída a indumentaria. O escudo do Moraña C.F pasou por tres etapas claramente diferenciadas. Nun primeir lugar, o escudo tiña forma de daga, e estaba cosido sobre as camisetas da época, que realmente eran camisas con botoneiras.
Despois pasouse a, en lugar de ter escudo, ter publicidade no seu lugar, sendo un dos primeiros equipos da zona en levar publicidade nas camisetas, ano no que o equipo se federou e algúns posteriores. Na terceira etapa, chegouse o que na actualidade é o escudo do clube, que conta coas cores do mesmo, vermello e azul, e o símbolo do pobo de Moraña, un monolito indicativo da cultura rupestre que perdura e se conserva no noso pobo. En canto á vestimenta, aínda que houbo algún ano aillado no que as camisetas foron de raias, as cores que sempre levou o Moraña C.F. foron o azul e o vermello, que perduran ata a época actual, sufrindo algunha transformación por mor das modas da época e a publicidade dos patrocinadores.
HISTORIA DE CÓMO SE DECIDE FEDERAR Ó EQUIPO
TEMPADA 1969-1970
O 4 de Xullo de 1969, fecha na que se firmaron os Estatutos do Clube (que a día de hoxe se conservan en perfecto estado), o Moraña C.F queda constituido como clube. Incríbese no Rexistro Civil e envíanse os Estatuos á Federación de Fútbol, en Coruña, para inscribirse no Campeonato Comarcal de Modestos da Provincia de Pontevedra, donde quedaría encadrado na zona de Pontevedra-Morrazo. O Moraña C.F. constitúse da man de Marcelino Ares Carbia como Presidente, o Vicepresidente sería Manuel Gómez Ferrín “Pirrén”, actuando coma secretario Manuel Gamallo Camiño (persoa que redactou os Estatutos), e como vogais Manuel Folgar López, Fernando Barreiro Fontenla e Manuel pampón Campos. O adestrador esa tempada seria Germán Rúa “Nanancho”
Máis tarde, ven o secretario da Delegación da Federación de Fútbol, en Pontevedra, Barreiro, para comprobar as instalacións . Tívéronse que ampliar as dimensión do campo e facer o cerramento exterior para que lle permitisen poder participar na competición.
Esta foi a primeira formación do equipo xa coma federado:
FILA 1: C. COUSO-ALFONSO O TATO-GARRINCHA-VERÍSIMO SAYÁNS-NACHO-GÜIMIL-NANANCHO
FILA 2: CAMIÑA- SÁNCHEZ-JAIME BÚA-L.E. BATALLÁN-PEPE DE EMILIO.
PRIMEIRA CLASIFICACIÓN DA HISTORIA DO MORAÑA C.F.
CLUBE PX PG PE PP GF GC PTOS
1 Cangués 20 17 0 3 65 19 32
2 D. Bueu 20 13 3 4 56 31 29
3 Domaio F.C 20 15 1 4 43 13 28
4 Salcedo 20 13 2 5 49 27 27
5 Moraña 20 9 4 7 32 40 22
6 D. Meira 19 8 2 9 31 30 18
7 D. Mourente 20 6 4 10 26 39 11
8 Marcón 20 5 3 12 26 51 13
9 Cesantes 19 4 4 11 28 52 12
10 D. Lérez 20 4 2 14 30 50 10
11 At. Mourente 20 3 0 17 18 49 6
ANOS 70
Dende a súa creación o Moraña C.F. xogou as primeiras sete tempadas no Campionato Comarcal da zona das Rías Baixas (zona de Pontevedra e Morrazo).
Nestos primeiros anos de andadura fixo papeis moi dignos como o 5º posto da súa primeira tempada como federado ou o 3º posto da segunda. Cabería resaltar os bos resultados que se fixeron na Copa, chegando a semifinais no ano 1974. Nesta época xogouse contra equipos que xa contaban con moita historia coma o Cangués, Domaio, Atlético Pontevedrés, Arcade ou Marín entre outros.
Nestos anos só existían os Campionatos Comarcais (o que equivale hoxe en día a estar na Primeira Regional) e se se acadaba o ascenso, pasábase directamente a Serie A, categoría equivalente a Rexional Preferente.
Foi no ano 1976 cando se produxo a primeira reestructuración das categorías ó irse formando novos equipos. Na tempada anterior (1975-1976), o Moraña C.F. xogábase entrar na “nova” Primeira División do Campionato Camarcal. Para isto, deberíanse acadar os primeiros postos, senón pasaríase a formar parte da Segunda División.
Na época, existían periódicos que as denominaban Segunda e Terceira Rexional, respectivamente, pero era un erro, xa que aínda non existía a Primeira Rexional como tal. Ésta apareceu dous anos máis tarde, na tempada 1978-1979, pero o Moraña C.F. non acadou un posto que lle dera praza para esta categoría e tivo que participar na Segunda Rexional. Este ano, no plano deportivo non saíu como se esperaba, e con un penúltimo posto, descendíase a Terceira Rexional por primeira vez na súa historia. Desta maneira, en dúas tempadas o equipo pasou a xogar en dúas categorías máis abaixo.
ANOS 80
Da man de Nacho coma adestrador, o Moraña C.F. despois de participar tres tempadas consecutivas en Terceira Rexional, acadou o ansiado ascenso a Segunda Rexional cun meritorio segundo posto. A esta situación uniúselle o éxito da consecución da primeira Copa Comarcal acadada en Vilagarcía frente ó C.D. Caldense con resultado de 2-0 (goles marcados na prórroga).
Unha tempada de éxitos que a numerosa afección que o clube tiña daquela época disfrutou como nunca.
Tres tempadas máis pasou o Moraña C.F. na Segunda Rexional cunhas actuacións meritorias e unha boa adaptación á categoría que lle permitiría loitar por maiores logros deportivos. Foi na tempada 1984-1985, cando nunha segunda volta case perfecta despois de estar no medio da táboa clasificatoria conseguiu alzarse co segundo posto e deste modo acadar o ascenso a Primeira Rexional. A esta magnífica tempada, uniúselle outro gran éxito como foi a Segunda Copa Comarcal, despois de eliminar a equipos da cetegoria do estradense ou Villalonga, disputouse a final en Portonovo frente a o Vilaboa C.F. con Celso Diz no banquillo, quen a mediados de tempada sustituira no cargo a Pepe Casal, co resultado de 2-0 .
Durante as seguintes seis tempadas, o Moraña C.F. participa nesta categoría con boas clasificacións, tendo en conta o nivel de esixencia que esta categoría presentaba. O maior éxito nestos seis anos, volveuno a dar a Copa, que se acadou na tempada 1988-1989 en Vilagarcía no campo da Lomba, frete ó Deportivo Xil, de novo con Celso Diz coma adestrador, que se fixera cargo do equipo xa mediada a tempada.
Cabe destacar que durante a maior parte da década dos oitenta, a Primeira Rexional xogábase a nivel de delegacions da federación, é dicir, unha categoría en Pontevedra e outra na zona de Vigo. Esto modificaríase a partir dos anos noventa, onde se formou a Primeira Rexional a nivel provincial.
ANOS 90
A década dos 90 comeza co descenso a Segunda Rexional na tempada 1990-1991, cunha actuación bastante pobre, quedando no último posto.
Na seguinte tempada, 1991-1992, reestructurase o equipo, e sanéase a mermada economía do mesmo, aínda que deportivamente acádase, un 13º posto bastante discreto.
Para a tempada 1992-1993, prepárase un equipo pensado no ascenso, con fichaxes como a de “Lizucho”, que xa estivera en épocas anteriores no clube, na que se chega a pagar 150.000 pesetas da época polo seu traspaso, e xogadores importantes da canteira. Ó fin, lógrase o ascenso co segundo posto, sendo únicamente superado polo C.D. Bueu. Este ano, como xa parecía tradición co ascenso ata entón, acádase a cuarta e última Copa Comarcal noutra tempada case perfecta nun campo talismán para o Moraña, o campo da Lomba (tres finais, tres victorias) en Vilagarcía frente ó C.D. Ribadumia (1-0), esta vez con Ernesto Casal no banquillo coma adestrador. O ascenso no 1992-1993 logrouse en Cesantes, nun partido que o Moraña C.F. gañou con solvencia e a afección o celebrou no mesmo terreo de xogo.
O Moraña C.F. xoga catro tempadas na Primeira Rexional, sendo tal vez, as máis importantes da súa historia, xa que coa última reestructuración a principios desta década da categoría, esta queda constituida cun so grupo a nivel provincial e o equipo desprázase por toda a provincia para xogar os seus encontros, enfrentándose por primeira vez contra equipos de gran prestixio da zona de Vigo, cos que se ten a sorte de desfrutar e competir con eles. Algúns exemplos, de equipos con moita historia cos que se chega a xogar son o Guardés, o Pontellas, Tide, R. Castrelos, Atios, Erizana, Xuvenil de ponteareas, etc.
Na primeira tempada (1993-1994) de andadura por esta categoría o equipo adaptouse moi ben e non so consegue o obxetivo da permanencia senon que queda clasificado nun meritorio 9º posto dirixido dende o banquillo por un veterano coñecedor desta categoría como era Manolo Garrido.
Foi na segunda tempada (1994-1995), da man de Ernesto Casal no banquillo e un plantel formado con xogadores coma Celso (Pajarín), Jose Escariz, Dani (Sorrego), Musta, Alberto Búa, Toño, Fabricio ou Víctor (Saiar) entre outros,. o Moraña C.F consegue a mellor clasificación da súa historia, finalizando 6º clasificado e a oito puntos do ascenso, que marcou o Guardés.
Na tempada 1995-1996, acádase un discreto 17º posto e o equipo sálvase por quedar unha praza libre debido os ascensos que se produciron.
Xa con un presuposto moito máis baixo e debido ás deudas que se acumulaban debido ó gran gasto que ocasionaba esta categoría para un pobo coma o de Moraña, o equipo na tempada 1996-1997, ténse que nutrir con moitos xogadores da canteira, e loita dende un inicio pola permanencia ata as últimas xornadas, pero finalmente o equipo descende no posto 19º.
Na seguinte tempada 1997-1998, inténtase formar un equipo competitivo para poder volver loitar polo ascenso, pero na segunda volta os resultados non acompañan e o equipo descólgase dos primeiros postos, rematando no 7º posto. Despois de varios anos sen participar na Copa, vólvese participar nesta competición, quedando eliminado en Semifinais polo Portas.
As dúas seguintes tempadas, son moi discretas, rematando co descenso a Terceira Rexional (o segundo da historia), ó final da década dos
90 comezo dos anos 2000, cun equipo que nin moito menos estaba pensado
para ese final. Este ano, a única alegría que se produce no clube, ven da man das categorías inferiores, neste caso os Infantís, que acadan o único ascenso que obtivo o Moraña C.F. nas categorías base, na súa historia.
DÉCADA ACTUAL
A década actual, é dicir, ó comezo do século XXI, é deportivamente a peor da historia do clube, permanecendo durante oito tempadas consecutivas en Terceira Rexional, partindo case tódolos anos co obxectivo claro do ascenso, pero por uns motivos ou outros o equipo non chegaba ás últimas xornadas con opcións de ascenso, aínda que mediada a temporada se chegase a estar en postos de ascenso.
Coa entrada nos anos 2000, créase un proxecto basado en traballar cos rapaces da canteira e crear equipos en tódalas categorías base, para poder ter opcións no futuro de aspirar a logros máis alá da Terceira Rexional. Pero antes do esperado, a canteira da os seus froitos, e cunha boa xeración de rapaces da mesma, e da man de Iván Rúa Conles coma adestrador, na súa segunda tempada no posto, conseguese, oito anos despois, o tan desexado ascenso a Segunda Rexional, cunha peculiaridade sobre os demáis ascensos, que foi acadalo como primeiro clasificado, convertíndose en campións de Liga, un feito que curiosamente nunca se producira na historia do Clube. O ascenso conseguiuse en Figueirido, contra un clube, o Figueirido C. F., que tamén loitaba polo ascenso, cun gol de falta de Álex, no último minuto, a onde unha gran parte da afección se desprazou para apoiar ó equipo e celebrar tan ansiado ascenso.
Na volta á Segunda Rexional (2008-2009), o equipo fixo unha máis que meritoria 5º plaza da man de Víctor Durán no banquillo, manténdose durante toda a tempada nos postos altos da táboa, nunha tempada, na que o claro obxectivo era o da permanencia.
O equipo tamén disputa a eliminatoria da Copa Provincial de Pontevedra, como premio pola primeira posición do ano pasado, que o enfrentou ó Gran Peña, de Terceira División, no campo de Barreiro (Vigo), quedando eliminado a partido único (3-0) pero deixando unha grata imaxe.
CHICAS FÚTBOL SALA
No ano 2007, un grupo de xóvenes rapazas propóñense formar un equipo de fútbol sala, xa que é un dos retos que quedaban pendentes, ter equipos en tódalas categorías. Así comezou un ilusionante proxecto, no que na súa primeira tempada como equipo federado, no ano 2008-2009, fan un digno papel, que esperan mellorar en seguintes tempadas, incluso chegando a formar canteira da que se poida nutrir o equipo.
Hai que ter en conta, que en Moraña, a tradición ven de lexos, xa que, nos anos 70 un grupo de rapazas da época, tamén formou un equipo de fútbol feminino, aínda que naquel momento, era equipo de fútbol 11 e non de fútbol sala.
O NOSO CAMPO: MIRALLOS
A historia do Campo de Fútbol, remóntase a moito tempo antes da federación do Moraña C.F. Existen documentos gráficos onde xa, nos anos 50 se xogaban partidos entre os veciños , nun campo que simplemente, era unha esplanada que había nun monte ó lado da carretera que pasaba pola aldea da Bouza. Este terreo era un terreo veciñal, e por tanto pertencía a tódolos veciños da Bouza.
Máis adiante, e co paso do tempo, chegaron a facerse partidos de máis importancia, nos que xogaban os rapaces de Moraña, con equipos da nosa comarca e incluso se chegaban a organizar partidos entre os veciños máis veterans de Moraña e os rapaces novos que comezaban a xogar.
Foi no ano 1969, coa fundación do Moraña C.F, e cunhas mínimas condicións de acondicionamento do campo, que eran esixidas pola federación, cando se tiveron que aumentar as medidas do campo (90m x 45m), e se fixo un cierre cuns postes e alambre que os propios xogadores conseguiron gracias á colaboración dun empregado que traballaba nas obras do Colexio Público Sta. Lucía, que se estaba a construir daquela. Tamén se fixeron uns vestiarios, que actualmente é donde o clube garda o material de mantemento do campo, todo gracias en parte á axuda, tempo e colaboración desinteresada, que os propios xogadores adicaban no seu
tempo libre e despois dos adestramentos.
Foi a finais do ano 1976 principios de 1977, cando o clube decide comezar unhas labouras maiores e facer unha obra de gran envergadura no campo, que conlevan o desterro e o cierre que o campo de Mirallos ten na actualidade. Co desterro o campo gañou en dimensións, 100x60, o que permitiu alonxalo uns metros da carretera e co cerramento, a base de postes e planchas cementadas, doúselle ó campo un novo e mellor aspecto.
Para poder facer o cerramento, como non había cartos para costear as obras, o clube decide alugar por metro cadrado, as planchas do cerramento, para que as empresas que quixesen as utilizasen como balados publicitarios. (nas diferentes fotos que presenta este documento, pódese observar, como as publicidades foron cambiando co paso do tempo).
A principios dos anos 80, a nova directiva seguiu coa loita de mellora das instalacións do campo, esta vez, coa construcción do actual graderío, con capacidade para unhas 400 persoas, e onde os vestiarios se atopaban baixo a superficie da mesma. Outra actuación que se levou a cabo, foi a construcción da cantina, cunha oficina para reunións, sala de trofeos, arquivos e documentación, e a construcción dos aseos públicos.
Non querendo rematar aí o Clube, levouse a cabo a obra que hoxe en día, marca a diferencia de Mirallos, e o convirte nun dos mellores campos da comarca, como foi o sembrado de céspede. Foi unha tarefa dura e de moito traballo para sacala a diante, sobre todo, polas poucas posibilidades económicas das que dispoñía o clube, para o cal se tiveron que pedir axudas á Deputación.
No seu momento, non existía o sistema de regadío que existe na actualidade, senón que consistía nun método tan básico como proceder ó regado entre dúas, tres persoas cunha mangueira. Máis tarde construíronse uns “trípodes”, onde se colocaban as mangueiras, para facer unha especie de “regadío por aspersión”.
Nos anos 90, fíxose a obra definitiva onde se instalou o sistema de regadío automático, o que facilitou moito, sen dúbida, o seu coidado, sobre todo pola gran cantidade de auga que era necesaria, sobre todo nas épocas do verán.
Así o Moraña C.F., que por aquela época xogaba na Segunda Rexional (despois de acadar o ascenso non ano 82), tiña unhas instalacións envidiadas por moitos clubes, e que se acadaran grazas, esencialmente ó gran traballo levado a cabo polos seus directivos e colaboradores do clube, que perderon moitas horas do seu tempo e as empregaron por e para o desfrute de veciños, xogadores, nenos….etc.
Debido ó bo estado do terreo de xogo, o Campo de Mirallos, acolle partidos de pretemporada do Pontevedra C.F. e torneos de prestixio como o “Torneo internacional cadete”, donde acuden equipos coma o F.C. Barcelona, Real Madrid, R.C. Celta, ou o F.C. Oporto.
Na actualidade e grazas a conservación das instalacións, moitas con máis de 30 anos, que con moito traballo se levaron a cabo naquela época, hoxe en día, toda a veciñanza pode desfrutar delas e seguir loitando pola súa mellora.
HISTORIAL POR CATEGORÍAS DO MORAÑA C.F.
- PRIMEIRA REXIONAL: 10 TEMPORADAS
- SEGUNDA REXIONAL: 10 TEMPORADAS
- TERCEIRA REXIONAL: 11 TEMPORADAS
- PRIMEIRA DIVISIÓN CAMPEONATO COMARCAL DAS RÍAS BAIXAS (EQUIVALENTE A PRIMEIRA REXIONAL): 2 TEMPORADAS
- CAMPEONATO COMARCAL DAS RIAS BAIXAS ( ZONA DE PONTEVEDRA E MORRAZO): 7 TEMPORADAS
HISTORIAL POR TEMPORADA, CATEGORÍA E POSTO.
Temporada 1969 – 1970. Campionato Comarcal de O Morrazo. 5º clasificado.
Temporada 1970 – 1971. Campionato de Modestos de Pontevedra. 3º clasificado.
Copa de Modestos de Pontevedra. Eliminado en Primeira Rolda.
Temporada 1971 – 1972. Campionato de Modestos de Pontevedra. 10º clasificado.
Copa de Modestos de Pontevedra. Eliminado en 1/4 de final.
Temporada 1972 – 1973. Campionato de Modestos de Pontevedra. 8º clasificado.
Temporada 1973 – 1974. Campionato Comarcal de Pontevedra. Grupo Norte. 8º clasificado.
Copa Comarcal de Pontevedra. Eliminado en Semifinales.
Temporada 1974 – 1975. Campionato Comarcal de O Morrazo. 8º clasificado. Copa Comarcal de Pontevedra. Eliminado na Primeira Rolda.
Temporada 1975 – 1976. Campionato Comarcal de O Morrazo. 6º clasificado.
Copa Comarcal de Pontevedra. Eliminado en 1/4 de final.
Temporada 1976 – 1977. Primeira División do Campionato Comarcal das Rias Baixas. 12º clasificado.
Copa Comarcal de Pontevedra. Eliminado na Primeira Rolda.
Temporada 1977 – 1978. Primeira División do Campionato Comarcal das Rias Baixas. 14º clasificado. Descende.
Copa Comarcal de Pontevedra. Eliminado en 1/16 de final.
Temporada 1978 – 1979. Segunda Categoría Rexional. Grupo VIII. 13º clasificado. Denscende.
Copa Comarcal de Pontevedra. Eliminado en Primeira Rolda.
Temporada 1979 – 1980. Terceira Categoría Rexional. Grupo VI. 11º clasificado.
Temporada 1980 – 1981. Terceira Categoría Rexional. Grupo VI. 4º clasificado.

Temporada 1981 – 1982. Terceira Categoría Rexional. Grupo IV. 2º clasificado. Ascende.
Copa Comarcal de Pontevedra. Campión.
Temporada 1982 – 1983. Segunda Categoría Rexional. Grupo VII. 4º clasificado.
Copa Comarcal de Pontevedra. Eliminado en 1/8 de final.
Temporada 1983 – 1984. Segunda Categoría Rexional. Grupo IX. 7º clasificado.

Temporada 1984 – 1985. Segunda Categoría Rexional. Grupo XI. 2º clasificado. Ascende.
Copa Comarcal de Pontevedra. Campión.
Temporada 1985 – 1986. Primeira Categoría Rexional. Grupo V. 7º clasificado.

Temporada 1986 – 1987. Primera Categoría Rexional. Grupo V. 14º clasificado.
Copa Comarcal de Pontevedra (para equipos de Primeira Categoría Rexional). Eliminado en Semifinales.
Temporada 1987 – 1988. Primera Categoría Rexional. Grupo V. 17º clasificado.
Temporada 1988 – 1989. Primera Categoría Rexional. Grupo V. 17º clasificado.
Copa Comarcal de Pontevedra (para equipos de Primera Categoría Rexional). Campión.
Temporada 1989 – 1990. Primeira Categoría Rexional Grupo V. Subgrupo B. 8º clasificado.
Copa Comarcal de Pontevedra (para equipos de Primera Categoría Regional). Eliminado en Primeira Rolda.
Temporada 1990 – 1991. Primeira Categoría Rexional. Grupo V. 20º clasificado. Descende.
Temporada 1991 – 1992. Segunda Categoría Rexional. Grupo XIII. 13º clasificado.
Temporada 1992 – 1993. Segunda Categoría Rexional. Grupo VIII. 2º clasificado. Ascende.
Copa Comarcal de Pontevedra (para equipos de Segunda Categoría Regional). Campión.
Temporada 1993 – 1994. Primera Categoría Rexional. Grupo IV. 9º clasificado.
Temporada 1994 – 1995. Primera Categoría Rexional. Grupo IV. 6º clasificado.
Temporada 1995 – 1996. Primera Categoría Rexional. Grupo IV. 17º clasificado. Postos de Descenso. Sálvase ó quedar prazas libres na categoría.
Temporada 1996 – 1997. Primera Categoría Rexional. Grupo IV. 19º clasificado. Descende.
Temporada 1997 – 1998. Segunda Categoría Rexional. Grupo IX. 7º clasificado.
Copa Comarcal de Pontevedra. Eliminado en Semifinais.
Temporada 1998 – 1999. Segunda Categoría Rexional. Grupo IX. 15º clasificado.
Temporada 1999 – 2000. Segunda Categoría Rexional. Grupo X. 18º clasificado. Descende.
Temporada 2000 – 2001. Tercera Categoría Rexional. Grupo XVII. 9º clasificado.
Temporada 2001 – 2002. Tercera Categoría Rexional. Grupo XV. 5º clasificado.
Copa Comarcal de Pontevedra. Eliminado en 1/4 de final
Temporada 2002 – 2003. Tercera Categoría Rexional. Grupo XV. 11º clasificado.
Temporada 2003 – 2004. Tercera Categoría Rexional. Grupo XV. 8º clasificado.
Temporada 2004 – 2005. Tercera Categoría Rexional. Grupo XVII. 6º clasificado.
Temporada 2005 – 2006. Tercera Categoría Rexional. Grupo XVIII. 6º clasificado.
Temporada 2006 – 2007. Tercera División Autonómica. Grupo XIX. 9º clasificado.

Temporada 2007 – 2008. Tercera División Autonómica. Grupo XVII. 1º clasificado. Campión de Liga. Ascende.

Temporada 2008 – 2009. Segunda División Autonómica. Grupo X. 5º clasificado
Copa Provincial de Pontevedra. Eliminado en 1/16 de final.
ADESTRADORES
Moitos foron os adestradores que pasaron nestos 40 anos por este clube. Dende o primeiro Germán Rúa, que daquela xogaba no Atlético Pontevedrés, pero debido a unha inoportuna lesión, que non lle permitía xogar fixo de adestrador, ata o último, Víctor Durán (conseguindo un meritorio 5º posto na Segunda Rexional, depois de 8 anos de ausencia). Cabe destacar a Celso Diz, que actuou inclusive nalgunha época de adestrador e presidente e que acadou moitos logros ó frente do Moraña C.F., cunha adicación digna de resaltar.
Neste documento noméanse a algúns deles tentando non esquecer a ningún, aínda que é unha tarefa moi complicada, xa que non existe constancia no clube de paso polo mesmo, de todos eles:
- Germán Rúa
-Lino
- Marcelino Ares
-Ernesto Casal
- Ferro
-Manolo Garrido
- Garrincha
-Harry
- Manolo (Cuntis)
-Musta
- Celso Diz
-Carlos
- Nacho
-Suso Conles
- Pepe Casal
-Iván Rúa
- Chedas
-Víctor Durán
PRESIDENTES DA HISTORIA DO MORAÑA C.F.
1969-1970
1970-1971
1971-1972
1972-1973
Marcelino Ares Carbia
José Eiras Paz
1973-1974
1974-1975
José Antonio Durán
1975-1976
1976-1977
Celso Diz Rey
1977-1978
1978-1979
1979-1980
1980-1981
1981-1982
1982-1983
1983-1984
1984-1985
1985-1986
1986-1987
Manuel Leopoldo Vieitez
1987-1988
José Francisco Baños Castro
1988-1989
1989-1990
Manuel Oubel Diz
1990-1991
Hugo Fiscina
1991-1992
Secundino Lois Redondo
1992-1993
Germán Castro Blanco
1993-1994
Celso Diz Rey
1994-1995
1995-1996
José Antonio Durán
1996-1997
1997-1998
1998-1999
1999-2000
Manuel Cancela González
2000-2001
2001-2002
2002-2003
2003-2004
2004-2005
Celso Couso García
2005-2006
2006-2007
2007-2008
2008-2009
PALMARÉS DO MORAÑA C.F.
ASCENSOS
ASCENSO A SEGUNDA REXIONAL ANO 1982, 2º CLASIFICADO
ASCENSO A PRIMEIRA REXIONAL ANO 1985, 2º CLASIFICADO
ASCENSO A PRIMEIRA REXIONAL ANO 1993, 2º CLAISIFICADO
ASCENSO A SEGUNDA REXIONAL ANO 2008, CAMPIÓN DE LIGA
COPAS COMARCAIS
CAMPIÓN DA COPA COMARCAL DE PONTEVEDRA, ANO 1982
CAMPIÓN DA COPA COMARCAL DE PONTEVEDRA, ANO 1985
CAMPIÓN DA COPA COMARCAL DE PONTEVEDRA, ANO 1989
CAMPIÓN DA COPA COMARCAL DE PONTEVEDRA, ANO 1993

lunes, 26 de octubre de 2009
FOTOS MORAÑA - ATLETICO CUNTIS
domingo, 25 de octubre de 2009
CAMPO MUNICIPAL DE MIRALLOS
CRONICA PARTIDO MORAÑA ATLETICO CUNTIS
Buenas Tardes :
Ahy va la cronica del partido que se disputo esta tarde en Moraña entre el Moraña y el Atletico Cuntis
MORAÑA CF : 1. MANUEL 2. IAGO 3.TONE4.JUAN 5.PARGA 6.ALEX 7. FALCON 8. RUBEN 9. OSCAR 10. FELIX . 11. AGUSTIN
AT.CUNTIS 1. HUGO 2. CARLOS 3. PABLO 4. RUBEN 5. DANIEL 6. MOLDO 7. JOSE 8. IVAN 9.JOJE 10. ESTEBAN 11. SANTY
BANQUILLO
MORAÑA CF 12. DANI 13. BAIRON 14. OSCAR II 15. NICO
ATLETICO CUNTIS 12. JAVIER 13. DIEGO . 14. DAMIAN
ARBITRO: MOISES CAMPOS MANEIRO
TARJETAS
T. AMARILLA: PARGA RUBEN PABLO Y NICO POR EL MORAÑA CARLOS Y PABLO POR EL AT.CUNTIS
EN EL MINUTO 86 EXPULSO AL TECNICO DEL ATLETICO CUNTIS

jueves, 22 de octubre de 2009
HORARIOS 7 JORNADA SEGUNDA REGIONAL
MARCON ATLÉTICO SAN MARTIN C.F. DOMINGO 25 16,30 O CARRASCO
S.D. NOALLA BORA-CAMPOLONGO C.F. DOMINGO 25 16,30 A LANZADA
UNIÓN DENA C.F. C.D. CAMPOLAMEIRO DOMINGO 25 16,30 AS CACHIZAS
UMIA C.F. U.D. SAN MIGUEL DEIRO DOMINGO 25 16,30 A BOUZA
DORRON C.F. S.C.D. PUENTECALDELAS DOMINGO 25 16,30 O CRUCEIRO
SPORTING MARIN SAN ANDRES C.F. DOMINGO 25 16,30 SAN PEDRO
MORAÑA C.F. ATLÉTICO CUNTIS DOMINGO 25 16,30 M. MIRALLOS
ATLÉTICO FAXILDE C.F. C.D. BAMIO DOMINGO 25 16,30 A PELADA
S.D. A LAMA C.D. MOSTEIRO DOMINGO 25 17,00 CHAN DA BARCIA

martes, 20 de octubre de 2009
Suscribirse a:
Entradas (Atom)